inquEDU

“inquEDU. Falemos de educación” pretende ser un evento para compartir inquedanzas, divulgar ideas e fomentar o debate e a reflexión sobre a nova educación. Trátase dun espazo aberto dirixido a educadoras e educadores, pero tamén ás nais e aos pais.

Nesta primeira edición, a mañá adicaremola aos máis novos. Os asistentes poderán gozar de dúas charlas realizadas por persoeiros relevantes que participan no proxecto Edumotiva. Ademáis, tamén subirán ao escenario @s gañador@s do concurso ComunicaTedu para compartir a súa experiencia e o seu discurso.

Pola tarde escoitaremos charlas curtas que mostrarán novos enfoques, ideas frescas e iniciativas innovadoras para educar tanto na escola como na casa.

info de utilidade

inquEDU divídese en dous actos:

  • Mañá: adicado ás rapazas e rapaces dos Centros Educativos gañadores do concurso ComunicaTedu e á comunidade educativa.
  • Tarde: charlas inquEDU. Espazo aberto e asistencia gratuita para tódolos públicos.

No Salón de Convencións do Edificio CINC, na Cidade da Cultura en Santiago.

A asistencia ó evento é gratuita. O aforo estará limitado, polo que o prazo de inscricións remata o Martes 28 de Novembro ás doce da noite.

A inscrición realizase exclusivamente a través do formulario que podes atopar nesta web.

Podes contactar con nós para calquera dúbida a través do seguinte correo electrónico:

inquedu@galiciasustentable.org

inquEDU está organizado pola Fundación Galicia Sustentable e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Colaboran a Fundación Cidade da Cultura e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, que cede a exposición Somos Paisaxe.

comunicadores

Paco Castillo

Profesor, investigador e asesor de formación permanente do profesorado durante máis de 24 anos. Traballou varios anos na administración autonómica coma Xefe de Servizo de Paisaxe e Director do Departamento Técnico de Estudos do IET.

Cristina Palacios

Traballadora Social  e docente de profesión, nai por pasión e activista por obrigación. É presidenta de ARELAS, asociación de familias de menores trans*. Impulsora e co-redactora do Protocolo Educativo sobre Identidade de Xénero aprobado pola Consellería de Educación.  Dende ARELAS logrouse o primeiro cambio legal de nome e sexo dun menor trans en Galicia.

Lola Ferreiro

Doctora en medicina e especialista en educación, saúde e xénero. Lola Ferreiro é catedrática en procesos sanitarios no IES Lamas de Abade, en Santiago de Compostela.

Séchu Sende

Activista do Projeto Educativo Semente Compostela e papá de duas crianças que participam desta Escola em galego. As Escolas de Ensino Galego Semente som um projeto de inmersiom linguística autogestionestionado impulsado por muitas persoas colaboradoras e activistas, umha rede social que se extende já por Vigo, Trasancos, Lugo, Compostela e está em vias de abrir novos centros.

Laura A. Fernández

Mestra especialista en Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica e Educación Primaria, é coordinadora e integrante de diferentes proxectos de innovación educativa . Finalista nacional no premio Proxecta D+I (docente máis innovador) e no premio Acción Magistral na edición 2016 e finalista autonómica na edición 2017.

Juan Sanmartín

Profesor de Educación Secundaria e Coordinador Tic no C.P.R. Vila do Arenteiro (O Carballiño). Editor en The Flipped Classroom, é creador e administrador da web de recursos juansanmartin.net para darlle a volta o aula coa Clase Invertida ou Flipped Classroom. Ademais é coordinador das Olimpíadas Galegas de Química.

Vicente Mohedano

Showman, director teatral e apaixonado en xeral, posúe un amplo currículum no mundo do teatro e no audiovisual, con participación en numerosas series de televisión, así como curtas e longas.

axenda

10:30 - 11:00
                     Recepción

Salón de Convencións Edificio CINC

Recepción das rapazas e rapaces participantes na xornada da mañá.

África González Directora do CIMBIO da Universidade de Vigo

Salón de Convencións Edificio CINC

IES da Pobra do Caramiñal

IES Manuel Chamoso Lamas, O Carballiño

Mark Wiersma Profesor de idiomas e músico.

"Galenglish: Sira e o robot. Opera pop futurista", é un achegamento lúdico e didáctico ao inglés de interese para escolares e persoas adultas.

Salón de Convencións Edificio CINC

CPR Plu Sagrada Familia, Vilagarcía de Arousa

IES Carlos Casares, Vigo

16:00 - 16:30
                     Recepción

Salón de ConvenciónsEdificio CINC

Recepción dos asistentes.

Paco CastilloDocente

Paco Castillo será o conductor da xornada e darános unhas pinceladas sobre a exposición Somos Paisaxe. Ademáis, na súa intervención revelaranos a paisaxe coma obxecto de ensino e aprendizaxe.

Cristina PalaciosTraballadora social e docente.

Cada vez máis, nenxs e adolescentes atrevense a cuestionar e romper coas opresoras normas de xénero, dando lugar ao acoso escolar por homofobia e transfobia, toda unha lacra para aquelas persoas que son ou parecen ser lesbiana, gay, bisexual ou trans. ¿Cómo transformar as escolas para que sexan espazos seguros hacia a diversidade sexual? 

Lola Ferreiro DíazDoctora en medicina e especialista en educación, saúde e perspectiva feminista

Coeducación global na familia e na escola

Séchu SendeActivista do Projeto Educativo Semente Compostela.

Escolas de Ensino Galego Semente. Num momento histórico em que a lingua galega continua a perder falantes dramaticamente, e as crianças que falam galego som minoria social minorizada, o projeto educativo Semente oferece umha alternativa. Despois de cinco anos de trajetória, Semente está a demostrar que reverter o processo de desgaleguizaçom é possivel, num proceso de resiliencia social impulsado por umha comunidade de famílias, activistas e persoas colaboradoras.

Laura Adela Fdez. Blanco Profesora do CPI de ATIOS, Valdoviño

Percorreremos o camiño dunha mestra durante case 20 anos de traxectoria en busca do soño dunha aula inclusiva. A INCLUSIÓN da man da INNOVACIÓN guiada polo CORAZÓN.

Juan SanmartínProfesor no Colexio Plurilingüe Vila do Arenteiro, O Carballiño

Juan Sanmartín vainos contar máis sobre a implantación do modelo The Flipped Classroom no segundo ciclo de secundaria (Matemáticas e Física e Química).

Vicente MohedanoShowman

Voute contar!. As ovellas, as cifras, os dedos e os códigos. Si queres saber máis, entra en...PERIPECIENCIA

Poderás disfrutar dun aperitivo mentres saboreas o show de Vicente!

Salón de Convencións Edificio CINC

Visita o noso domo vacío e achegate ó proxecto Somos Paisaxe a través da realidade aumentada. Poderás facer un percorrido polas 12 Grandes Áreas Paisaxísticas de Galicia dun xeito didáctico e dinámico.

Somos Paisaxe é unha iniciativa de divulgación impulsada polo Instituto de Estudos do Territorio que trata de achegar as paisaxes e as persoas a través do re-coñecemento dos elementos que as compoñen, a comprensión das súas dinámicas e procesos e a actuación pola posta en valor do carácter competitivo que teñen as Paisaxes Galegas.